top of page

Cámara Agrícola de Pantón.

Historia.

A comezos do século XX en Galicia, comezan a agromar por todo o país de forma sucesiva un gran número de sindicatos agrícolas, para loitar polos agricultores e  pola redención dos foros. Na comarca de Lemos, os primeiros en vela luz son a Sociedade de Agricultores de Bóveda, o Centro Solidario de Monforte de Lemos, a Sociedade de Agricultores de Monforte de Lemos a a Cámara Agrícola de Pantón. Estas foron as primeiras en formarse na nosa bisbarra, logo verían a luz as Sociedade de Agricultores de Sober e Saviñao respectivamente.

Recorte do xornal "La Idea Moderna" do 7 de  maio de 1908.

20-6-1909 Eco de Galicia Constitución Cámara Agrícola de Pantón.PNG

Recorte do xornal "Eco de Galicia" do 20 de xuño de 1909.

Defensa dos intereses dos agricultores.

Pedra Pantón.PNG

Recorte da revista "Galicia" do 21 de xuño de 1908.

En xuño de 1921, en Monforte de Lemos, celebrouse un mítin pola redención dos foros onde acudiron diversos sindicatos agrícolas. Entre os que estaban os de Bóveda, Valdeorrras, Láncara e a de Pantón. Entre entidades notables viñeron no Centro Solidario da Coruña, onde un dos seus vogais d. Sanz trala petición da Cámara agrícola de Pantón ía falar co ministro para ver osibles solucións tralo episodio de pedra que danara moitos cultivos.

Centeo.PNG

Recorte do xornal "El Norte de Galicia" do 12 de agosto de 1908.

En agosto de 1908, tras un episodio violento de pedra que afectou aos campos de centeo o sindicato pantonés decide traer gran de centeo en vagóns para paliar as mermas de produción.

Segunda Asemblea Agrícola de Monforte de Lemos.

En Monforte de Lemos o día 10 de abril de 1910, componse unha xunta para a organización da 2ª Asemblea Agrícola galega, con datas previstas o 14 e 15 de agosto do mesmo ano. Así este órgano temporal estivo composto por representantes de diferentes sindicatos da nosa comarca; Sociedade de Agricultores de Monforte de Lemos, Cámara Agrícola de Pantón, Sociedade de Agricultores de Sober, Sociedade de Agricultores de Bóveda e finalmente o Centro Solidario de Monforte de Lemos.

Deste xeito dictaminaron que ata o 15 de xuño as diferentes Sociedades de Agricultores do país, tiñan para poder aportar os diferentes temas e ideas a debater.

g.PNG

Recorte do xornal "El Diario de Galicia" do 29 de abril de 1910.

monforte 1.PNG
monforte 2.PNG

Recorte do xornal "La correspondencia gallega" do 10 de maio de 1910.

Terceira Asemblea Agrícola de Monforte de Lemos.

Na vila do Cabe, trala 2ª asemblea acórdase volver organizar na mesma localidade a reunión de 1911. Así 0 22 de xuño dise ano, dende a coordinadora encargada da súa organización convidan a tódas Sociedade de Agricultores, aos antiforistas, á prensa e a toda persoa interesada no seu país en participar e formar parte desta asemblea para tentar poñer solucións aos problemas que castigaban ao campo.

A comisión executiva formada para o evento estaba composta polos seguintes colectivos e sendo secretario da mesma d. Victoriano Gómez Rodríguez; Sociedade de Agricultores de Monforte de Lemos, Cámara Agrícola de Pantón, Sociedade de Agricultores de Sober e finalmente o Centro Solidario de Monforte de Lemos.

Deste xeito tanto na 2ª coma nesta 3ª Asemblea a Cámara Agrícola de Pantón tivo participación, e mesmo contou con moito peso algúns dos seus integrantes.

3 asemblea.PNG
k.PNG

Recortes do xornal "La Región" do 6 de xullo de 1911.

Conclusións.

Ao remate da reunión, chegáronse a unha serie de principios sobre os que teríase que comezar a traballar e a loitar por eles.

 

Un dos puntos destacables, foi en canto a viticultura onde creouse unha comisión integrada por Manuel Soto Trelles, de Pantón, Antonio Rodríguez, de Monforte de Lemos e Emilio Gómez Arias, de Ribadavia.

 

conclusións.PNG

Recortes do xornal "Gaceta de bGalicia" do 14 de decembro de 1911.

Para rematar tan só queremos dicir que isto é unha escolma do traballo que realizou esta organización agraria pola terra. Seguro quedan miles de historias desta cámara sen contar. Se coñecedes algunha ou algún dato curioso non dubidedes en nolo facer chegar e dicirvos que pronto descubriremos entre todas que era esa famoso Manuel Soto Trelles, menudo personaxe...

Bibliografía.

- Notas de prensa dos xornais "El Progreso", "Gaceta de Galicia", "La correspondencia gallega" e "La idea moderna", "Eco de Galicia", "Galicia", "Diario de Galicia", "La Región" e "El Norte de Galicia" consultadas no portal "Galiciana".

bottom of page