
Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Casa das Bornogueiras.
Esta fermosa casa agochada nun bosque de frondosas, entre castiñeiros, carballos e vellas cepas amosa unha longa historia e un sinfín de segredos...
Situada na parroquia de San Martiño de Pantón, antes pertencía á freguesía de Santa Mª de Ferreira, mais cambiou. Ao carón da viña que rodea á construción sitúase o castro das Bornugueiras con restos en todas as aldeas da contorna.
Ao O seu propio nome dende antigo foi moitas veces diferentes. Nomeada Agronogueiras, Agro das Nogueiras, Burnugueiras. Agroeiras ou Bornugueiras. Moitos nomes para un lugar con moita historia.
Ao estar nun outeiro sempre foi unha ubicación privilexiada. Deste xeito antes de ser unha casa grande con estrutura típica do século XVIII-XIX antes foi unha torre única derrubada seica nas revoltas Irmandiñas.
Esta zona no canón do río Carabelos agocha moitas lendas, historias e misterios.




Unhas imaxes dende diferentes puntos de vista desta fermosa construción.

O detalle dunha fiestra da torre da edificación.

Unha imaxe dunha viña ao carón da edificación, con esta ao fondo.
Castro das Bornogueiras.
Nunha parte do terreo que rodea ás viñas da casa entre as árbores temos unha zona que hoxe en día conserva aínda parte da súa estrutura antiga e mesmo vemos parte do vestixio daquela historia.
Así hoxe en día podemos ver un gran número de pedra amorreadas. Segundo os arqueólogos Juan López García e Iván Álvarez Merayo este espazo, tería sido antigamente un castelo e anterior a este un castro.
Nesta imaxe observamos un croquis dos restos que temos na actualidade e permítenos entender os restos que outrora foron grandes e fermosas edificacións.