top of page

Casa grande de Castrelos.

Hoxe visitamos este intrigante lugar e abandonado para coñecer a casa grande de Castrelos na parroquia de San Cristovo de Castro no concello veciño de Carballedo. Enclavada esta edificación no val que forma o rego de Fondós.

Ubicación desta antiga casa grande.

Historia.

 

Contan que é o berce da familia Figueiras, con gran poder en Tuiriz e estaba asentada na Torre de Saa. Destacando este os seus membros ilustres o escritor Xosé Xavier David Costa Figueiras.

Esta antiga casa grande de principios do século XVIII, que hoxe está en ruínas.

Conta a historia desta casa, que a dona de Castrelo dotaba de caldo a todos os que por alí fosen os sábados as doce do mediodía, quedando sen el todos os que chegasen fora de hora, de aí o dito popular que aínda hoxe se conserva, “apura que non vas chegar ó caldo a Castrelo”.

Polo ano 1970, reformando a entrada da casa atopouse unha bolsa con moedas de ouro recortadas, datadas aproximadamente do século XV e de gran valor.

245602095_6299599673444367_504103678577059983_n.jpg

Entrada principal da noble casa de Castrelos.

246702009_6299602996777368_1589886584817696840_n.jpg

Vista interior do corredor dentro do patio da casa.

Descrición.

Hoxe en días vemos un edificio bastante alterado pero que aínda conserva súa estrutura primixenia. Cunha Planta en forma de U con patio central, pola porta de entrada nada máis entrar atópase á esquerda un forno e próximo a el unhas edificacións anexas adosadas. Ten unhas escaleiras que dan a un corredor aberto.

Do outro lado do patio respecto á porta principal de entrda sitúase unha pequena porta de servizo que daba aos terreos traseiros da casa e a outras construcións secundarias.

Tivo unha capela adicada á Purísima Concepción.

247118679_6299601383444196_7106891997286545868_n.jpg

Imaxe do patín da edificación.

246005730_6299601400110861_3812429009599621296_n.jpg
247142845_6299601403444194_5528551914295141462_n.jpg

Imaxe do forno da casa.

246212458_6299603040110697_7211191690678053520_n.jpg

Parte traseira da casa cunha edificación agrícola adosada á mesma.

Unhas construcións agrícolas pertencentes á casa.

Información sacada:

- Páxina web do concello de Carballedo.

- Inventario artístico de Lugo e da súa provincia. Tomo II.

- "Pantón, historia e fidalguía", Isaac Rielo Carballo.

bottom of page