top of page

Finca Míllara

Hoxe conversamos coa adega de Santiago de Vilar de Ortelle, Finca Míllara, un proxecto que vai máis alá de producir caldos. Así agradecemos a súa colaboración con nós e como non agradecer permitir que unha aldea abandonada xa non o esté. 

Segredos de Pantón: Antes de dar paso á entrevista propiamente dita, fagamos unha pequena introdución en materia. A recuperación da aldea abandonada da Míllara e da posta en marcha dunha adega, foi parte dun mesmo plan? Como naceu esa idea?

Finca Míllara: Comezou Fernando de Santiago mercando unha casa e unhas viñas xa que sempre soñara con ter a súa propia adega. Expúxoselle a posibilidade de mercar a aldea enteira, xa que estaba abandonado desde os anos 50 (a aldea A Millara estaba formada por 12 casas)e asi fíxoo, a medida que mercaba as casas abandonadas, tamén ía mercaba os terreos próximos, coa idea de ampliar viñedo por unha banda e por outra banda preservar o monte ao redor daaldea.

Das 80 hectáreas que forman a propiedade, destinaranse 22 delas ao viñedo (na actualidade hai 11 hectáreas plantadas, cifra que aumenta cada ano) e no resto conservaranse as especies autóctonas como os carballos, castiñeiros, érbedos... Unha vez mercado a aldea enteira, Fernando, foille vendendo as casas a amigos e a coñecidos, como investimento para unha 2ª residencia, xa que ningunha da aldea alúgase ou adícase ó turismo rural. Son privadas.

Cada comprador tivo que asinar unha normativa urbanística interna (realizada polos copropietarios) nas que só se permite o uso de madeiras autóctonas (carballo), lousa en cuberta e onde non está permitido nin o aluminio nin as velux. Toda esta normativa fíxose coa idea de que as rehabilitacións fosen o máis respectuosas posible coas construcións galegas da zona, cousa que sen dúbida, conseguiuse.


 

la bodega.png

Unha panorámica da aldea da Míllara cas súas casas restauradas.

SdP: Á hora de montar unha adega nunha zona coma esta e cun proxecto tan elaborado, que obxetivos a longo prazo tiñan ou que metas tiñan fixadas?"

FM: O obxectivo principal, que segue vixente como o primeiro día, era e é facer un viño de alta calidade. O rendemento aproximado é de 1 kg e medio por cepa e poda en verde. Toda a produción faise con uva propia.

Da primeira colleita en 2008 saíron 4000 botellas. O pasado ano 2017 houbo unha produción de 90.000 botellas e preténdese alcanzar unha produción de 200.000 botellascando estea plantado todo o viñedo, sen menoscabar a calidade, que repito, é o obxectivo a curto e a longo prazo.

unnamedj.jpg

Unha imaxe de 3 dos seus viños.

SdP: Temos visto que a parte de adicarse a elaborar viños, tamén elaboran aceite de oliva ecolóxico, teñen algunha iniciativa de ampliala produción de aceite ou de ampliala oferta de aceites?

FM: Nun principio non hai plans de ampliar a produción de aceite ou facer variedades do mesmo. É certo que a medida que se amplía a plantación no viñedo, tamén se plantan oliveiras. Pero o obxectivo da adega é a elaboración de viño e o aceite xorde como complemento a este mundo.

-SdP: Para rematar a entrevista queremos felicitalos polo premio que recibiu o Lagariza, gañando o galardón a mellor viño tinto de Galicia do ano 2017. queríamos saber se este feito lles foi completamente estraño ou tiñan esperanzas de que este viño tivera tan boas calificacións?"

- FM: O viño lagariza está a darnos grandes satisfaccións. É un viño novo que se elabora a partir de uva mencía moi escollida.

Sempre tes esperanzas, pero a competencia neste mundo é feroz. Hai que sinalar que é un premio que se dá entre tódalas adegas de Galicia e que en 25 anos de historia, é a 1ª vez que un viño denominación Ribeira Sacra álzase con este galardón, co cal non podemos estar máis orgullosos do conseguido.

Tamén mencionar que gañamos o acio de bronce con outro viño chamado "Niño do Cvco", os premios e sobre todo o recoñecemento dan ánimos para seguir sen baixar a garda.

DH2-iYOXYAA-Zbn.jpg

Logo da adega pantonesa.

bottom of page