
Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Casas, Casas-Grandes e Pazos de Pantón.
Casa de Outeiro (Santiago de Castillón).
Esta casa atópase no lugar de Outeiro nas Barxas de Eiré, entre a aldea de Vilaverde e Ral na freguesía de Santiago de Castillón. Así neste paraxe atopamos o soar dunha familia moi longa.
Nesta casa viviron a familia Saco e Quiroga emparentadas cos do Castro de Ferreira. Logo será propiedade dos Gayoso da Casa de Ribas de Rosende no veciño Sober.
Así contan que a casa tiña de terras ao redor de 15 hectáreas de propiedades.

Fachada da Casa de Outeiro, nun claro estado ruinoso.

Parte traseira do inmoble da Casa de Outeiro.


Imaxes de edificios anexos á casa grande.
Escudos.
Hoxe en día se imos ata o lugar de Outeiro podemos ver aínda en pé unha gran rede de muros perimetrais rodeando gran parte dos restos da casa de Outeiro, nos mesmos podemos apreciar gateiras para deixar pasala auga polo seu través. Ao carón desta pequena muralla ía un camiño que leva ata Ral e ata O Castro de Ferreira.
Dende a entrada agora ocupada por unha simple rexa metálica podemos vislumbralos restos de tan noble casa. Na fachada ateigada de silvas e hedras apreciámolos escudos. Dentro do recinto amurallado podemos observar o que fóran daquelas as construción anexas, palleiras, almacéns e demáis dependencias con diversos usos agrícolas.
Un detalle moi fermoso e se en vez de entrar ao recinto bordeámolo muro perimetral ao cabo de 50 metros daremos cunha fermosísima mina de auga labrada que de seguro podería contarnos unha chea de historias deste fermosísimo lugar pantonés.

Detalle dos escudos da casa grande.

Vista xeral dos ecudos da Casa de Outeiro.
Restos.
Na fachada da antiga casa atopamos. No escudo da dereita está dividido en 3 partes. Na división superior da esquerda atopamos dous osos ou lobos, na parte da dereita un castelo con 3 torres. Na última parte deste escudo atopamos unha barca sobre ondas da auga.
No escudo da esquerda, este dividido en 4 partes temos: no cuarto esquerdo superior atopamos 6 dados, no contiguo 3 flores de lises, na parte de abaixo esquerda atopamos de novo dous osos ou lobos no da dereita o busto dunha doncela nunha barca.


Imaxes do muro perimetral da Casa de Outeiro.


Detalle das gateiras do muro perimetral da casa.
Historia do escudo.
Conta a lenda que o busto da da rapaza na barca procede dunha lenda relacionada con Quiroga...
"Esta rapaza foi sorprendida por seu pai falando co seu amante no interior do túnel, que había por baixo do Sil, puña o castelo de Quiroga coa outra beira do río. Enfadado por este feito o señor do castelo tapou a entrada e a saída. Logo o espazo subterráneo comezaría a encherse de auga pero salvaríanse dunha morte anunciada pola axuda dun feitizo que poría á rapaza e ao rapaz a salvo na outra beira do río leonés. Logo o mesmo feitizo salvador convertiríaos en proxenitores dunhas criaturas acuáticas desa parte do curso do río.
Mesmo contan que en certos días de maio aparécese a encantadora rapariga ás xentes, levando un espello nas mans peiteando o seu cabelo loiro."
Localización.
Neste mapa atopamos a ubicación da casa grande de Outeiro. Pinchando no marcador podedes obter a información para chegar a este ben patrimonial da freguesía de Santiago de Castillón.
Casa-Grande de Gallegos (San Vicente de Castillón).

O río Miño pasando polos Peares.
O Maura (Antonio Álvarez) foi o seu último habitante, un emigrante retornado de Cuba ata a década dos 70. Pero ata os anos 80 misaba o cura D. Luis de San Vicente e Santiago de Castillón os sábados antes de escurecer, no salón grande que estaba no primeiro andar. Ata alí achegábanse veciños e veciñas da Barxa, Camiño Grande, O Pereiro e Gallegos.

O río Miño pasando polos Peares.

O río Miño pasando polos Peares.

O río Miño pasando polos Peares.


O río Miño pasando polos Peares.

O río Miño pasando polos Peares.
Bibliografía.
- "Pantón, Historia e Fidalguía" Isaac Rielo Carballo.
Casa da Peregrina (San Xulián de Eiré).
Agora tócalle ao turno á Casa da Peregrina, unha casa que estaría no núcleo do Mosteiro en San Xulián de Eiré, antiga San Miguel de Eiré. Ao mellor podería ter sido unha desas casas grandes nadas baixo a proteción dun convento medieval.

Imaxe do voo americano do 1956, co lugar onde estaría a casa da Peregrina rodeado en verde.
Escudos.
Os escudos desta antiga casa grande situaríanse na fachada.
O escudo da dereita, medio partido e cortado , trae no primeiro cuartel dous lobos ou osos, no segundo un castelo medio afundido con tres torres e no terceiro dúas faixas figurando unha barca sobre a auga. No escudo que atoparíase na esquerda atopamos representadas varias casas. No primeiro cuartel seis dados, no segundo unha flor de lis. Nos da parte de abaixo atopamos dous lobos ou osos e no cuarto e último unha ave no niño.
Asi finalmente non sabemos como estes escudos remataron nunha casa grande en Ribadumia.
Localización.
Neste mapa estaría a casa grande da Peregrina.
Tan só dicirvos que cando vaiades a visitala igrexa románica de San Miguel de Eiré, reparade no solar que ocupaba a antiga casa da Peregrina e vós acerquedes ao Outeiro velos restos de tan senlleira construción.





