top of page

IBI BNG

Falamos con Rosa-Ana Prieto Florines, voceira do grupo municipal do BNG. A maiores indagaremos sobre o problema do catastrazo no noso concello.


Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vos guste!!

Segredos de Pantón: Dende a agrupación municipal do BNG, cales foron as súas proposicións para combater esta problemática?

Rosa-Ana Prieto Florines: No ano 2015 fixemos, en outubro, un acto informativo para indicarlle á xente que estábamos detectando irregularidades e que se debía reclamar en prazo. Era cando estaban chegando as cartas dos 60€. Estivo concorrido, pero a xente fíxolle caso, polo que soubemos despois, ao alcalde que lles dixo: “se pagades os 60€ iso quédavos así”, pero a realidade que é teimuda, amosou que o abandono e descoñecemento do noso rexedor do que estaba a acontecer, e despois demostrouse que as persoas,titulares catastrais, que non reclamaran naquela famosa carta dos 60€ aceptaban o que estas lle indicaban. Mágoa que non nos fixesen caso.

SdP: Como todos sabemos este problema afectou a toda Galicia, pero vimos ben con diferentes protestas e mesmo ca nulidade declarada polo concello, que en Pantón foi onde máis se amosou realmente o seu rexeitamento. Como puido darse este feito no noso municipio?

RPF: Este é un proceso con afán recadatorio que se inicia no 2013 por parte do Goberno do Estado, en particular polo “Ministerio de Hacienda” ao que pertence organicamente a Dirección Xeral do Catastro, é dicir, afecta a todo o territorio do Estado, agás a aqueles territorios con Facenda Propia que son Áraba, Gipuskoa, Bizkaia e Nafarroa, coincidentes coas actuais CC.AA. de País Vasco e Navarra.

O maior ou menor impacto ten que ver coa xestión de cada municipio, e no de Pantón, como noutros temas estamos abandonadas/os.

O recibo do IBI, da “contribución” en termos populares, é unha taxa que pagamos a cambio duns servizos, que por certo non temos en varias zonas do noso municipio.

Un procedemento de valoración colectiva consta das seguintes fases:

1. Comprobación ou toma de datos das características físicas e xurídicas dos inmobles que debe ser reflectido na cartografía correspondente.

2. Elaboración da Ponencia de valores, de acordo con:

• Planeamento urbanístico municipal.

• Estudo de mercado inmobiliario que se realiza, para establecer axeitadamente a referencia ao mesmo dos valores catastrais.

• Normas Técnicas de valoración catastral e a Coordinación “nacional” de valores.

3. Fixación dos valores catastrais de todos os bens inmobles, de forma masiva e informatizada.

4. Notificación dos valores a cada persoa contribuínte.

Ponencia de Valores: debe ser actualizada, ben a instancia do concello, ben da Dirección Xeral do Catastro, cada cinco anos, e de maneira obrigada cada 10 anos, de tal maneira que se sobe ou baixa o valor os importes quedan “prorrateados”, e non se lle xira de súpeto un incremento como o que aconteceu.

Nada disto se cumpriu no noso concello, e o resultado foi, e seguirá a ser que unha gran parte dos bens están mal catastrados, e a pesares das grandes cantidades pagadas, seguen os bens figurando de maneira errónea no Catastro.

Resumindo, as persoas contribuíntes pagaron os erros das administracións tanto local, o concello, como estatal, a Dirección Xeral do Catastro.

O que aconteceu no noso concello foi que se utilizou un proceso extraordinario de regularización en substitución dos procesos ordinarios, o que non é en ningún caso un incumprimento da parte contribuínte, mais foi a que o pagou. Xa que logo, trataron como evasores/as fiscais á maioría das persoas propietarias de Bens Inmobles.

1128px-BNG_logo.svg.png

Logo do partido nacionalista, BNG.

SdP:Tras a declaración de nulidade por parte do concello, este feito ten alguna validez legal a efectos de non cobrar o IBI?

RPF: A “nulidade” non se declarou “estrictu sensu” en Pantón, o que se pretendeu coa moción que presentamos era paralizar o xiro das liquidacións e forzar, desde a política municipal, una revisión dos valores, toda vez que nos constaba como Corporación a existencia de moitas e importantes irregularidades no proceso. E se temos en conta que esta Taxa é de titularidade municipal, lograr do noso rexedor o compromiso e forzar una nova vía que xuridicamente xa era imposible para o particular.

O tempo demostrou que se tiver vontade política naquel momento, e axilidade negociadora, alén de primar os intereses das persoas, por riba das ansias recadatorias, na equipa de goberno podería ter logrado un novo procedemento, xa que, un ano despois o concello de Vilalba tras a negociacións do seu rexedor, logrou isto mesmo nun acordo coa Dirección Provincial do Catastro, ordenando a paralización do proceso cando xa se iniciaran as liquidacións, algo que o noso rexedor, nin tentou.

 

SdP: Este problema de querer cobrar o IBI a edificacións que non o son, que non existen, entre outros exemplos débese a un problema de catastro, xa que de aí veñen os datos para cobrar o IBI. Dende a agrupación local do Bloque Nacionalista Galego saben a que se debe tal número de erros e tan desmesurados?

RPF: Nós dipoñemos dos datos que nos facilitaron persoas afectadas, e a casuística é moi variada. O que si podemos afirmar é que o proceso se fixo mal dende o punto de vista técnico e xurídico, e non houbo información suficiente dende as administracións responsables (concello e Catastro) o que, dende o noso punto de vista produciu indefensión nas persoas contribuíntes con ansia recadatoria.

 

SdP: Sabemos que en Pantón o caso máis acusado foi o da Casa Maside que se viu obrigada a pechar debido o cuantioso importe que tiña que pagar por construcións deshabitadas e por edificacións que xa non existían. Ademais deste caso tan flagrante, existen outros casos no noso concello?

RPF: Este é un caso que chama a atención polo importe total e do que se chegou a falar no propio Parlamento de Galicia, na voz de Ana Pontón, a nosa voceira nacional.

É o máis rechamante polo importe, pero hai moitos máis, imaxinades cantos para sumar, 1.331.000€ de recadación por IBI urbano nun municipio coma Pantón?

É inmoral e antisocial, máis se temos en conta que esa recadación está bloqueada, pola lei do “teito de Gasto” do Sr. Montoro, autor e pai desta argallada que vén de afundir economicamente a un gran número de titulares catastrais no noso concello, e que na actualidade segue vixente, aínda co cambio de goberno en Madrid.

MM19C3F1_203713.webp

Imaxe dunha concentración en contra do Catastrazo.

bottom of page