top of page

Noite de San Xoán.

Durante o franquismo pola "Campaña Nacional de Alfabetización e Promoción Cultural de Adultos" creáronse as chamadas "Pequenas Universidades". Así fundáronse en todo o Estado Español 3.474 destas institucións por tódalas provincias.

 

Nesta institución o seu cometido principal era axudar para que as mulleres e homes maiores de 14 anos puideran optar ao Certificado de Estudos Primarios. A maiores neste establecemento organizaban diferentes charlas a cargos de médicos, sindicalistas e mesmo curas.

Costumes desta noite máxica.

A noite de San Xoán recóllense nove claes de flores diferentes, entre as que non poden faltar a de sabugueiro, e tamén déixase un chisquiño de ruda. Unha vez recollidas, bótanse nunha baldeta con auga e déixanse ao serán da noite. Á amañecida, antes da saída do sol, lévanse pra casa, cólanse e gárdase a auga para todo o ano, pois non hai medo de que podreza. Disque é moi boa para chagas, úlceras e enfermidades da pel en xeral.
Ca mesma auga un pode lavarse a auga con ela cando o sol saia, e así terá todo o ano a cara fresca.

Outro rito que pode facerse na noite de San Xoán antes que saia o sol, a auga de sete fontes. Esta tamén pode gardarse todo o ano. Seica é moi boa esta auga para a afonía e curalo bocio. E se é de trece fontes, é moi boa pra a reuma.


 

IMG_0507.JPG
IMG_0483.JPG

Fonte no lugar de Marce.

IMG_0489.JPG
IMG_9290.JPG

Meigas e mouras nesta data.

Nesta data contan que xunto ao San Silvestre é cando as meigas andan por fóra e preparan as falcatruadas que van facer polo que resta de ano. Mais tamén hai espazo no San Xoán pras mouras.

Existía a crenza que para curala sarna non había mellor remedio ca andar aos emborcallóns pola herba co orballo ao amencer de San Xoán. Seica as meigas nesta noite andiveran a emborcallarse nela.

Nesta data tamén cóntase que as meigas aproveitaban para castigar aquelas casas ou lugares onde eran agaraviadas cun enxameo de moscas. Así contrarrestrando, dicíase este refrán:
 


Vaite, mosca condenada,

que te mandaron as meigas;
pois, nós temos a San Xoán
pra que el nos libre delas.

Recorte do xornal "El Progreso" do 8 de febreiro de 1966.

Bibliografía.

- Artigo "Haciendo memoria: Las Universidades Populares en España" por Pedro L. Moreno Martínez.

- Notas de prensa do xornal lugués "El Progreso", consultadas no portal "Galiciana".

bottom of page