
Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
O Nadal en Pantón.
Se queredes desfrutar dun Nadal moi pantonés, aquí deixámosvos as nosas recomendacións, para que desfrutedes destas datas.
Aldea de conto de Castillón.
Se Por 2º ano consecutivo a nosa asociación en colaboración cunha asociación de veciños, desta volta foi ca de San Antonio de Castillón propuxémonos de decorar este lugar con encanto. Así tentamos compaxinar a tradición e o respeto polo medio ambiente. Deixámosvos cunhas imaxes e non vós perdades este lugar cheo de recunchos perfectos para perderse.







Aquí deixámosvos a ubicación da aldea para facilitarvos a visita.
A aldea decorada de Galegos.
Nesta fermosa aldea de San Vicente de Castillón, poderedes desfrutar de decoracións recicladas e sostibles en moitos lugares deste fermoso lugar.






Aquí deixámosvos a ubicación da aldea para facilitarvos a visita.
Aldea decorada de San Vicente.
Na aldea de San Vicente, en San Vicente de Castillón a familia da "Casa do Turulas" quixo tamén colaborar a engalanar a súa aldea pro Nadal. Así Alba, unha mestra, ao ver as decoracións de Galegos, Castillón e mesmo inspirándose na vila de Allariz, decidiu tomar pinceis e madeira e decorala. Así quedou este fermoso lugar cheo de historia, non o perdades e este ano hai ben de lugares a visitar por Pantón!




Aquí deixámosvos a ubicación da aldea para facilitarvos a visita.
O Belén do Torrón.
Non podíamos deixar pasar a todo un clásico, o Belén do Torrón, que leva facendo dende hai moitos ano dona Rosario Lobelle, no lugar do Torrón, nos Peares, na parroquia de San Vicenzo de Pombeiro. Non ten desperdicio algún. Non pode faltar unha visita e así aproveitades e coñecedes Os Peares.
Aí vai unha mostra de imaxes do Belén.




Aquí deixámosvos a ubicación do Belén para facilitarvos a visita.
Casas decoradas en Tuiriz.
Na parroquia de Santa María Tuiriz, por terceiro ano consecutivo dende a Asociación Socio-Cultural de Veciños de "Tuiriz con U" organizaron un concurso de decoracións de Nadal, así este ano tiveron diferentes categorías. Aquí traemos unha mostra dos adornos artesáns que poderedes desfrutar se ides por aló.
Salientar o bo facer deste colectivo veciñal que durante todo o ano organiza actividades a fin de potenciar a conexión entre os veciños e que sempre fagan cousas. Un orgullo de asociación veciñal.
Sen máis dilación unhas fotografías do que atoparedes aló e non as perdades!!




Aquí deixámosvos a ubicación do lugar onde poderedes atopar a maioría de adornos.
V Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón.
Lembrade que tendes ate o 31 de decembro ás 12 da noite para mandar as vosas imaxes pro concurso. Xa sabedes deben de ser de Pantón, e poderedes gañar uns fantásticos premios de empresas locais. Se queredes saber os premios non dubidedes en visitala páxina do concurso, abaixo o enlace:
