top of page

Menciña popular.

Nesta páxina do noso espazo no Internet imos a amosarvos diferentes historias e tradicións respecto á menciña popular.

Coma sempre se queredes contarnos algunha historia vencellada á menciña popular que non teñamos recollidas aquí non dubidedes en nolo facer chegar.

Agora a desfrutar doutro anaco da nosa historia e tradicións.

A curandeira de Deade.

Na parroquia de San Vicente de Deade, ata vai 3 anos, vivía Montserrat, unha curandeira. Era coñecida pola maioría dxs veciñxs co nome de Maruja.
A muller, natural de San Martiño de Siós,  contraxo matrimonio con Jesús, veciño do Pacio, Deade, onde residiron ata os seus derradeiros días. Maruja herdou da súa sogra a habilidade de curandeira. Esta habelencia consistía en curar as picaduras de certos invertebrados, especialmente de arácnidos, así como outras reaccións.
Moitas persoas acudían ao seu domicilio en busca da medicina popular que solventara as súas patoloxías. Como nos relatou unha das nosas veciñas de Budián, Edita, en máis dunha ocasión acudiu ás mans de Maruja. Una vez ante a curandeira, esta cunha tesoira de metal, realizaba varias cruces sobre a picadura do doente ao mesmo tempo que ambas recitaban oracións e ensalmos de carácter relixioso. Os resultados, según varios testigos, eran sempre positivos.
Como sucede en outros moitos lares de Galiza, as destrezas curandeiras da muller finaron con ela, pola falta de interés e relevo xeracional.

A pedra da pezoña.

Na Casa da Forxa en Nadal (San Xulián de Eiré) unha familia tiña a chamada "Pedra da Pezoña", que disque leva máis de 300 anos na casa. Non se coñece o que ten a pedra, mais viña moita xente a empregala para rematar ca súa doenza.

O modo de emprego é moi sinxelo; cuspíase un chisquiño sobre ela e púñase enriba de onde tiñámola pezoña, e tíñase alí ata que despegábase. Xeralmente todo o mundo curaba, e viña xente seguido a facer uso dos seus poderes.

Remedios caseiros para a pezoña:

- Collíase unha casca de cebola e botábase nela un chisco de aceite, quentábase nunha berza enriba das brasas. E cando estaba ben quente, aplicábase ao sitio da pezoña.

- Outro método era a aplicación de fomentos, que era moi eficaz.

- Unha cataplasma de ruda moi picadiña envolta en aceite e quentada á brasa como a cebola.

- Un procedemento moi curioso era o de queimar parte dunha resta de allos; untábase con titna china o lugar afectado e enriba botábase a cinsa dos allos.

- Tamén era moi eficaz a herba ceruda, como di o refrán "tódalas feridas cura".

Os vexetais na menciña tradicional.

Neste novo espazo de contidos da nosa páxina web tentaremos centrarnos en certos feitos históricos acontecidos no noso concello ou relacionados co noso municipio.

A flora na mediciña popular:
 

  • Folla de nogueira, soa ou mesturada con folla de eucalipto moi boa para a dor de moas e para as almorrás.

  • Ruda, para dor de moas e mesmo pra catarros. Así deste xeito collían unahs follas de ruda , rustríanse cun pouco de aceite e púñase así quente enriba da moa. E se estaba inflamada, botábase esa apócema nun trapo e colocábase na inflamación atándoo á cabeza. Se a inchazón era nunha man metíase na auga onde cocíanse as patacas e logo con esta auga lavábase esa man.

  • Flor de salgueiro, destaca principalmente para os problemas relacionados ca pel.

  • Gata feluda, sobre todo para a dor de estómago e mesmo pro ril.

  • Albaca, serve para un gran número de molestias internas. Así tanto pro estómago, ril e mesmo para infeccións. Unha todoterreo.

  • Xarxa, vai ben para diversas fisiopatrías, tanto para o fígado, a vesícula e outros.

  • Romeo, é moi bo para os estrés, contan que relaxa moito.

  • Hedra, para as articulacións. Déixase abrandar cun pouco de aceite e ponse o emplasto enriba das articulaciónsda que sinta un dor.

  • Loureiro, para a reuma. Os baños de loureiro din que relaxan moito.

  • Herba de carbón, era moi boa para os grans.

  • Cásimo, é moi boa cocela con nto vello e nunha verza aplicala ás feridas.

Remedios:
- O unto de cobra usábase para curala reuma.

- Para curar un inchazón dun animal collían nun saquiño parte dun formigueiro, metelo así nun caldeiro de auga e poñelo a ferver un pouco. Logo poñerllo enriba da zona entumecida.

- Pro catarro hai dous remedios moi eficaces  e moi doados de facer: unha cebola partida en catro aprtes e posta na mesa de noite, e un vaso de vinagre con azucre posto debaixo da cama.

- Para rebentar un furuncho ou uñeiro; xema de vo xabón e axucre. Todo a partes iguai e ben esmagadiño e poñelo enriba do sitio cun trapo. Para patoloxía tamén recomendaban o fel do porco.

Bibliografía.

-  Lendas e tradicións da Ribeira Sacra Vilar de Ortelle Os Estraloxos.

bottom of page