top of page

Os pasares en Pantón.

Introdución.

Coma en todo o noso país ao termos unha elevada rede hídrica precisamos moitas veces de elementos para cruzalos centos e miles de cursos de auga que temos. Así destacan especialmente as pontes, pontóns e pasares. Destes últimos imos a falarvos hoxe.

Así precisamos que falamos dos principais pasares que temos no noso concello e dos que chegaron ata os nosos días, dado que fai 30 anos poderíamos aínda ver a maioría deles.

E lembrade que se sabedes dalgún pasar que aínda esté en pé no noso concello e non fagamos referencia a el non dubidedes en nolo dicir e grazas por todo!

Os pasares do río Ferreira.

SAM_9443.JPG
SAM_9445.JPG

Unhas imaxes dos pasares que atopamos para salvalo río ao carón da Casa da Fonte.

Os pasares do río Carabelos.

Recorte do diario "El Progreso" do 2 de marzo de 1967.

O paso do Salgueiro.

Situación.


No curso do río Carabelos facendo de fronteira entre as parroquias de San Martiño de Siós e de San Mamede de Mañente atopamos salvando este curso fluvial o máis longo pasar que temos no noso concello ate o momento, denominado este "O Paso do Salgueiro".

A zona onde atópase este pasar era unha verdadeira encrucillada de corredoiras e camiños vellos. Así dende Siós viña o Camiño Real, que ía a Monforte de Lemos, e empregaban este pasar para salvar o río Carabelos que en inverno leva moita auga, malia que no estío esté seco. A maiores dende un pouco máis adiante deste famoso paso un camiño ía cara Moreda e outro continuaba cara Mañente pra logo entrar na vila do Cabe.
Uns camiños empregados dende moi antigo para conectar tódalas parroquias do sureste pantonés entre si e server de ruta cara Monforte de Lemos.

Contexto.


Nesta zona tantos os veciños das freguesías de San Martiño de Siós, San Mamede de Mañente, San Ciprián de Vilamelle e San Xoán de Toldaos tiñan as súas terras de cultivo, dende as hortas, os prados, patacas e mesmo viñas. 

Unha das parroquias que máis terreos tiña nesta zona era Toldaos, ao ter o núcleo de poboación máis próximo dese punto e mesmo as súas parcelas estaban noutras parroquias que non foran a súa.
O río Carabelos nesta zona de Pantón constituía un eixo vertebrador da vida. Deste regaban os labradíos, cruzaban o río polo "Paso do Salgueiro" ou noutro pasar moito máis pequeno augas arriba. E coma non ao longo de todo o seu curso fluvial existían diversos muíños, nesta zona concreta do río existían dous, estes na parroquia de San Xoán de Toldaos.

Descrición.


Constituído por un total de 48 pedras e forma unha estrutura cunha lonxitude total de aproximadamente 50 metros.

Unha serie de imaxes do paso do Salgueiro, onde observamos o considerable tamaño daspedras que o conforman.

Os pasares noutros cursos de auga.

Así fóra dos principais río que vertebran o noso concello, coma non temos un gran número de regos que nestes tamén moían muíños e coma non tiñamos pasares. Deste seguido de seguido amosamos os que ata hoxe sabemos deles e son conservados.

Pasar Santo Estevo do Mato.jpg

Unha imaxe dos pasares no rego de Penalada en Santo Estevo do Mato, en 2016.

SAM_0285.JPG
SAM_0286.JPG
bottom of page