top of page

Que é Segredos de Pantón ?

É un colectivo nado o 6 de outubro de 2016, que logo no 2019 formalizouse en asociación cultural.

logo segredos.jpg

Obxectivos

Segredos de Pantón, dende os seus comezos como colectivo ata converterse en asociación cultural, sempre mantivo e mantén unha serie de obxectivos que son a súas liñas directrices:

- Promoción, defensa e loita polo medio rural.

- Defensa e promoción da nosa lingua galega.
- Posta en valor do patrimonio, tanto material coma inmaterial de Pantón.

- Conservación e defensa da natureza.

Código interno

Rexeitamento rotundo do machismo, a homofobia, o racismo e calquer outra forma de discriminación. O incumprimento desta norma fundamental suporá a expulsión de por vida do proxecto.


A lingua oficial da asociación é o galego, o que significa que todas as publicacións ó público se farán nesta nosa lingua.


Defensa da natureza e a loita pola súa protección, o que nos pode levar a adherirnos a movementos en prol desta.


Sempre pretenderemos crear pontes entre proxectos parecidos.

bottom of page