top of page

Xogos populares

Nesta nova páxina falaremos dos diferentes xogos tradicionais ou populares que se teñen practicado no noso municipio, así falaremos de:

  • Billarda

  • Birlos

  • Chave 

 

Lembrade: se coñecedes curiosidades ou historias destes pasatempos, non dubidedes en facérnolas chegar, estaremos encantadas de coñecelas e compartilas!

A Billarda

Normas

Xogando un contra un deberemos de ter en conta para ver quen gaña neste xogo. Así os participantes en cada partida teñen 3 opcións de tirar.
O primeiro xogador lanzarán a billarda, no primeiro lanzamento o 2º xogador poder tentar coller a billarda cando vai polo aire. De ser así este participante debe de collela billarda e tentar lanzala para tocar o palán, se consigue isto este xogador, gaña automaticamente a partida. 
Se isto non sucede, o 1º xogador pode tirar as súas respectivas 3 veces. Logo será o turno do 2º xogador onde a súa vez poderá interceptar a billarda e lanzala cara o palán.

 

Finalmente se ningunha das xogadoras consigue intercedela billarda, na primeira tirada do contrario e posteriormente tocar o palán ca billarda. O gañador será quen tire máis lonxe a billarda.

IMG_4324.JPG
IMG_4323.JPG

Imaxe da billarda.

Imaxe de paláns e dunha billarda.

Campionato de Billarda na Festa das Vitorias de Eiré

O xogo da billarda recuperouse en Eiré fai 23 anos, xa que era xogado polos nosos avós. Recuperouse grazas ás festas patronais das Vitorias. Alá polo ano 1994 nunha festa de Vilalba, catro amigos tiveron a idea de volver formar a festa de Eiré que facía aproximadamente uns 14 anos que non se celebraba. 

Dado que antes se facía festa de campo con comidas no campo da festa e mesmo se facían xogos para os cativos, quíxose recuperar esta tradición e buscouse un xogo que fixese participar á xente maior e ao mesmo tempo involucrase á xente nova. Ao primeiro a billarda era un xogo bastante descoñecido para os máis mozos. Logo tralo primeiro ano e os consecutivos foi todo un éxitoe nos próximos 23 anos non fallou ningún día. Nos primeiros anos sempre gañaban os máis maiores xa que na súa infancia xogaban a iso pero co tempo a xente nova xa os chegaba a superar e había grandes competicións entre mozos e maiores. Buscáronse as regras do xogo pero debido á cantidade de parellas había que modificalas pois leváballe moito tempo xogar a todos e así poder acudir á festa despois. Nun principio xogábase sábados e domingos despois de xantar, ata a hora da festa.

IMG_4398.JPG
IMG_4354.JPG

Imaxes de varios xogadores apunto de golpeala billarda co palán.

A chimpa

Xogando un contra un deberemos de ter en conta para ver quen gaña neste xogo. Así os participantes en cada partida teñen 3 opcións de tirar.
O primeiro xogador lanzarán a billarda, no primeiro lanzamento o 2º xogador poder tentar coller a billarda cando vai polo aire. De ser así este participante, hai dúas modalidades de chimpa, e cada unha delas ten unhas normas diferentes.

- Burato.
Faise un burato no chan, e os diferentes xogadores van lanzando moedas ou bolas. Quen dos participantes acérquese máis ao burato gaña.

- Pedra dun muro.
Xógase contra unha pedra que sobre saia dun muro cunhas moedas, e vaise tirando estas contra a devandita pedra que longo de tirar rebote máis lonxe a moeda terá gañado.

bottom of page